1/9/24

120 migrantes chegaron á localidade de Monterroso entre mostras de apoio das veciñas e dos veciños e con críticas da Alcaldía, que considera a chegada das refuxiadas “unha barbaridade”... e no concello de Mondariz-Balneario (O Condado), o municipio máis pequeno da Galiza —con 703 habitantes nunha superficie de 2,3 quilómetros cadrados—, a chegada de 180 mozos refuxiados procedentes de Malí vívese “con normalidade absoluta”

 "Un cento de migrantes chegaron a pasada quinta feira a Monterroso (A Ulloa). Alí permanecerán, hospedados nun hotel do centro da vila, durante un período de dous a catro meses, até que se tramite a súa documentación, sobre todo o permiso de traballo. Estarán acompañados dun equipo dunhas 20 persoas, integrado por traballadoras sociais, unha avogada, docentes de español e unha psicóloga que os axudarán a conseguir estabilidade.

Son 120 homes que foxen de guerras en Estados do sur do Sáhara, principalmente Malí, Níxer e Mauritania. A súa chegada a Monterroso, no marco do programa estatal de acollida a persoas refuxiadas, estivo precedida de non pouca polémica, ao confrontar desta vez non só Xunta da Galiza e Goberno estatal, senón tamén o Executivo local.

No hay comentarios: