18/8/25

Rueda descarte el Nivel 3 de emerxencias... "non é necesario" que o Goberno galego solicite o nivel 3 de emerxencia... "Se o nivel 3 supuxese máis medios e fose necesario para que se achegasen eses medios, eu non tería ningunha dúbida, pero non é necesario"

 "(...) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que a próxima semana haberá unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta, que se celebrará en Ourense, para habilitar as primeiras axudas destinadas a zonas afectadas polos incendios en Galicia e reclamou ao Goberno a incorporación inmediata dos efectivos "solicitados e comprometidos".

"Non poden chegar a contagotas. Agradecemos o que xa chegou e esperamos que chegue hoxe mesmo o comprometido", manifestou Ruda na comparecencia de prensa tras a primeira reunión para estudar estas axudas, onde sinalou que polo momento, con "aínda moitas hectáreas ardendo", non se pode facer unha estimación da contía, pero asegurou que a Xunta "estará á altura" e pediu a todas as administracións a mesma "celeridade".

Así, detallou que a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) realizará a avaliación dos danos para que as diferentes consellerías poidan proceder a facer as súas convocatorias e aprobalas no Consello previsto a próxima semana para "que se abra o prazo de petición". Ademais, defendeu que "non é necesario" que o Goberno galego solicite o nivel 3 de emerxencia porque, segundo destacou, non achegaría máis medios.

"Se o nivel 3 supuxese máis medios e fose necesario para que se achegasen eses medios, eu non tería ningunha dúbida, pero non é necesario. Onte mesmo o presidente do Goberno dicía que vai atender todas as solicitudes; estamos no nivel 2, así que sería incomprensible que se estivesen reservando medios", expuxo. (...)

 "TODOS OS MEDIOS"

Por outra banda, o ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, defendeu este luns que o Goberno puxo en disposición "todos os recursos que dispón o Estado" para loitar contra o lume, á vez que acusou ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, de facer "declaracións irresponsables" e pediu "arrimar o ombreiro" aos 'populares'.

"Todo é todo", sostivo Óscar López nunha comparecencia desde o Ministerio para facer balance dos resultados do Plan do Goberno contra as estafas telefónicas e por SMS, onde tamén se referiu a a situación actual dos incendios que afectan a gran parte do territorio nacional. Segundo recalcou López, "todos os recursos do Estado están mobilizados" e explicou que a Unidade Central de Emerxencias leva mobilizada desde principios de agosto para loitar contra os incendios forestais."

(Galicia Confidencial, 18/08/25) 

No hay comentarios: