"A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acaba de
adxudicarlle o Servizo de Desenvolvemento do portal para as entidades
locais de Galicia dentro do plan econcellos, cofinanciado polo Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder
Galicia (2007-2013).
En total, esta empresa, con sede en Madrid, recibirá case 455.000 euros
por actualizar unha web xa existente. E é que segundo o documento de
adxudicación ao que tivo acceso GC, o servizo contratado vai orientado a
"acadar unha nova versión do portal EidoLocal que
cumpra ou reforce os requirimentos para os que está orientado este
portal".
Na súa oferta, pídeselle á empresa que presente unha proposta
de "como considera que debe facerse esta evolución no plano técnico,
funcional, de xestión de contidos e de dinamización". E semella que a
oferta de Atos é a máis interesante para a Administración galega. (...)
Hai un mes,
a mesma axencia da Xunta contraba a Atos para un "servizo
complementario de evolución e mantemento do sistema de xestión de
persoal da Xunta" por 135.755 euros sen IVE. Segundo comprobou GC no
Rexistro Mercantil, Carmen Martín de Pozuelo Romay segue a ser
apoderada desta consultora que suma 4,6 millóns en contratas deste
goberno, 312.000€ mediante encargas a dedo.
Martín de Pozuelo é sobriña de Romay Beccaría, presidente do Consejo de
Estado. Feijóo fichouna para a súa cúpula cando dirixía Correos e tamén
cando entrou como conselleiro de Política Territorial. En 2005, a CIG
incluíu o seu nome nun listado de familiares do PP que terían sido enchufados na Xunta.
A Xunta de Galicia xa lle deu, cando menos, cinco contratos a Atos
Origin por esta vía dende que goberna Alberto Nuñez Feijóo,
ademais doutros por procedementos regrados. Nos últimos catro anos, a
consultora logrou en total máis de 4.5 millóns da administración
autonómica." (Galicia Confidencial, 11/01/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario