"A problemática sociolingüística n´O Bierzo agrávase pola participación activa dos neofalantes que desexan recuperar o idioma galego a través dos procesos de normalización idiomática. A racha xeracional entre os vedraños e a mocidade é unha realidade. Os primeiros desconfían do que consideran o galego novo e urbano, o normativizado, e defenden o dialectal e rural.
Os neofalantes queremos un galego común a todo o noroeste peninsular, e cercano ao portugués-brasileiro incluso. Hai unha clara pretensión por normalizar o galego, recuperando eidos sociolingüísticos (administración, medios de comunicación, novas tecnoloxías…), e acadando o recoñecemento de dereitos lingüísticos plenos, os memos que teñen os falantes da Comunidade Autónoma de Galiza." (Xabier Lago Mestre : Prexuízos lingüísticos na rexión berciana. Vieiros, 13/11/2008)
No hay comentarios:
Publicar un comentario