2/9/10

Galicia sitúase como a terceira autonomía coa peor sanidade

"En tan só un ano o sistema sanitario galego perdeu tres posicións con respecto ao doutras autonomías no que a súa calidade se refire. O informe anual da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública sitúa a Galicia como o a terceira comunidade coa peor sanidade, só por detrás de Valencia e Canarias. Deste xeito, a entidade cualifica de “deficientes” os servizos que reciben os doentes madrileños, galegos, canarios e valencianos, que son os que sufren os servizos cos maiores índices de privatización do Estado.

Sobre unha valoración máxima de 78 puntos na que se miden aspectos como o gasto e as camas por habitante, os recursos humanos, as listas de espera ou as probas diagnósticas, a federación outórgalle a Galicia tan só 35 puntos.

A nota que recibe o labor da Consellería de Sanidade afástase dos 44 puntos obtidos de media polo conxunto das administracións sanitarias ou dos 56, 53, 52, 50 e 49 que acadan, respectivamente, Navarra, Asturias, Castela-A Mancha, Castela e León e Aragón, que contan cuns “bos servizos sanitarios”. (Xornal.com, 02/09/2010)

No hay comentarios: