17/6/12

Un banco vende pisos na mariña de Lugo a menos de 20.000 euros



Gráfico 5. Stock de vivendas por Comunidades Autónomas

"Tendo en conta as cifras de paro, por riba do 25% en España, e en Galicia converxendo a velocidade de lóstrego cara á mesma, a nula capacidade da banca para conceder créditos e, sobre todo, a devaluación interna (caída de salarios, ou máis propiamente, redución da capacidade adquisitiva) á que nos someterá a UE e o FMI, xunto coa necesidade da banca, tanto a "solvente" como a nacionalizada, de limpar os balances de activos tóxicos e poñer no mercado, por tanto, con intención de vendelas, as vivendas que teñen en propiedade, non debería estrañar a noticia que saía onte na prensa: un banco vende pisos na mariña de Lugo a menos de 20.000 euros.


Se por fortuna, vostede ten liquidez suficiente e está pensando en comprar, non se apure amable lector. Moita calma. Tal como vai isto, pode acabar sendo caro. Moi caro."          (A furada do trasno, 16/06/2012)

No hay comentarios: