13/7/22

A prezo de saldo... estas son as contas do que custa El Correo Gallego

 "A empresa que se faga cargo da cabeceira e marcas de El Correo Gallego deberá pagar menos de 800.000 euros máis a subrrogación dos traballadores por unha empresa que ten, na actualidade, nove millóns de débeda. E como quedarán os traballadores?. Estas son as contas.

 Xa hai números do que custa facerse con todos os activos do grupo El Correo Gallego, incluída as súas distintas marcas comerciais, El Correo Gallego, Radio Obradoiro, Galicia Hoxe y La Noche de Galicia. En total, 2,6 millóns de euros. Un diñeiro que contrasta, e moito, coas débedas actuais do grupo editorial, nove millóns de euros.

 Nos termos e condicións de adquisición da UPA de El Correo Gallego presentada coa solicitude de concurso de acredores, e que se fixo pública estes días por parte do xulgado, a empresa que se faga cargo da marca e activos do histórico xornal compostelán deberá pagar  760.000 euros. Polo momento, hai dúas sociedades interesadas, as dúas con empresarios pendentes de cuestións xudiciais.

Deles, 560.000, serán para a condonación das achegas realizadas polos dous grupos de sociedades oferentes e 200.000 de aval mentres dure a tramitación do proceso de venda para a conservación e mantemento da actividade. "No caso de que as empresas interesadas adquiran a UPA, o referido importe será obxecto de condonación, cancelación ou compensación", recolle o escrito xudicial. Contrasta esta cantidade, cos 6.151.000 euros que tivo de volume de negocio o xornal en 2020, os case 10 millóns do 2019 ou os 8.624.000 de 2018.

E con que se queda a empresa que asuma este pago?. O xulgado destaca que asumirá a propiedade dos elementos incorporados como parte da obra civil, instalacións técnicas, ou de adecuación da nave para o desenvolvemento da actividade. Tamén os dereitos de propiedade industrial e intelectual sobre os artigos e edicións realizadas tanto en papel, como a través dos dominios blogs.elcorreogallego.es, compras.elcorreogallego.es, correotv.com, correotv.es, elcorreogallego.com, elcorreogallego.es, elcorreogallego.gal, galiciahoxe.com, galiciahoxe.es, 

galiofer.com, galiofer.es r grupocorreogallego.com.

SÓ A CARTEIRA DE CLIENTES E CONVENIOS É MAIOR A DO CUSTE DO XORNAL

Ademais, a empresa quedará coa totalidade das licenzas, permisos e autorizacións necesarias para a explotación e operación da unidade produtiva e, sobre todo, cos contratos de subscrición de prensa subscritos pola concursada cos seus clientes. De feito, nas contas entregadas por El Correo ao xulgado, a suma deste contratos con clientes é de 1.153.000 euros, é dicir, máis do que custa todo o grupo empresarial.

"A Carteira de Clientes UPA definida como os contratos de subscrición cos Clientes

da empresa con subrogación na totalidade das relacións contractuais entre a concursada e os aproximadamente 4.800 clientes, así como a base de datos destes", recolle o escrito xudicial.

E QUE PASA COS TRABALLADORES?

A débeda que o Grupo El Correo ten cos seus traballadores e ex traballadores é de máis de 5.250.000 euros, entre a débeda salarial con eles e as débedas á Seguridade Social e a Axencia Tributaria. O xornal coruñés sinala nos escritos entregados ao xulgado que son 70 os traballadores cos que ten débedas.

Con todo, nos termos e condicións de adquisición da UPA, o xulgado rebaixa o número de traballadores a indemnizar a 49. E especifica que a subrogación nos contratos de traballo dos Empregados levará a "asunción da obrigación de abonar a totalidade dos soldos e salarios debidos pola concursada aos empregados e que se atopen pendentes de pago".

Con todo, exclúe a empresa que merque os activos do grupo de comunicación compostelán de asumir a contía dos salarios ou indemnizacións pendentes de pago anteriores á transmisión que cada empregado teña dereito a recibir do Fondo de Garantía Salarial, así como as liquidacións ou liquidacións pendentes de pago a empregados que fosen traballadores con anterioridade a presentación do concurso voluntario de acreedores, así como as débedas coa Seguridade Social vinculadas aos empregados a subrogar que se atopen pendentes de pago.

Polo tanto, o cálculo que fai o xulgado da responsabilidade que ssupón a asunción dun pasivo laboral (salarios debidos + Débeda con Seguridade Social) é de 1.295.362.84 euros e 607.817,32 euro9s, respectivamente.

A ViABILIDADE

Nos termos e condicións de adquisición da UPA de El Correo Gallego presentada coa solicitude de concurso de acredores, tamén se recolle que para garantir a viabilidade a longo prazo e liquidez operativa do negocio da UPA, EDITORIAL El CORREO, S.L. estima que se requiriría un total de, aproximadamente, un millón de euros adicional para manter o negocio. "             (Galicia Confidencial, 08/07/22)

No hay comentarios: