"Despois dun ano da instalación do composteiro comunitario no concello de San Sadurniño, o próximo xoves 20 de setembro ás 12:00 h procederemos a súa apertura e retirada do compost.
Este
composteiro foi instalado no centro do concello, no lugar de Outeiro.
Durante este primeiro ano este composteiro foi asumindo os restos
orgánicos das veciñas e veciños de San sadurniño, ademais dos restos do
bar e supermercado do pobo. Restos orgánicos que xa se transformaron en
compost, un produto hixiénico con gran poder fertilizante que será
devolto a terra.
Restos orgánicos (restos de comidas, froitas, pelas,
herba, follas…) que evitaron ser transportados e incinerados en SOGAMA, e
dicir transformados en fumes e dioxinas.
O concello de San Sadurniño
aposta pola compostaxe implicándose neste tipo de iniciativas máis
sostibles co medio, o xoves as veciñas e veciños terán a oportunidade de
comprobar os resultados e tamén poderán levar o compost para a súas
casas, ben para a horta ou para as plantas do xardín." (MundoGaliza, 19/09/2012)
No hay comentarios:
Publicar un comentario