"A enquisa do CIS, a máis completa das que se
fixeron, indica que o PP revalidaría a maioría absoluta con dous ou tres
deputados de marxe. Ademais, Ciudadanos podería entrar. Pola esquerda,
moi igualado entre a marea e os socialistas mentres o Bloque quedaría
sen grupo parlamentario.
O Partido Popular encabezado por Alberto Núñez Feijóo gañaría as
eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro cun 44,9 por cento dos
votos, que se traducirían en entre 40 e 41 escanos, o que suporía a
terceira maioría absoluta do líder popular e mantería a representación
actual (41).
Mentres, En Marea -liderada por Luís Villares-, con entre 15 e 17
deputados, e o PSdeG -encabezado por Xoaquín Fernández Leiceaga-, cunha
estimación de 15, disputaríanse colocarse como segunda forza máis votada
nas eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, ambas as dúas cun
empate técnico en estimación de voto (19,9%).
Pola súa parte, o BNG de Ana Pontón, actualmente con sete escanos,
lograría dous representantes na Cámara galega e Ciudadanos, a candidata
dos cales é Cristina Losada, atópase ás portas de entrar por primeira
vez no Parlamento, cunha estimación de entre cero e un deputado.
Así se desprende da enquisa que difundiu este xoves, a unhas horas de
que arranque a campaña electoral, o Centro de Investigacións
Sociolóxicas (CIS). Por provincias o resultado estimado
(...)" (Galicia Confidencial, 08/09/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario