11/10/16

A Xunta en funcións reparte case un 1,1 millóns entre os grandes medios dez días despois do 25S

"O PPdeG non para de repartir diñeiro entre os grandes grupos mediaticos, nin tan sequera, sendo un goberno en funcións. Desde o pasado 25 de setembro, data dos comicios galegos, ata este mesmo martes –menos de dez días despois-- convocou xa catro concursos para repartir diñeiro público desde distintos departamentos.

 A propia Presidencia da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Medios, Turismo de Galicia, a Consellería do Medio Rural e a da Presidencia e Administracións Públicas son os encargados de repartir case 1,1 millóns de euros en diversos programas de publicidade institucional. 

Uns contratos que se convocan cun goberno en funcións, a pesar de que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseguraba no último Consello da Xunta que había que ser cauto en canto á aprobación de plans e proxectos públicos porque “aínda formaba parte dun goberno en funcións”. (...)

En total dende principios de ano, o Goberno Galego leva repartido, segundo o cómputo de GC –e sen ter en conta convenios privados ou non publicados--, máis de dez millóns de euros en accións de propaganda en determinados medios de comunicación. Un diñeiro que se reparte, principalmente, entre os grandes medios galegos.

Curiosamente, o último gran reparto de diñeiro público tivo lugar a un mes escaso das eleccións galegas, cando a Xunta destinou 550.000 euros en sendas campañas da Amtega e de Turismo de Galicia."                   (Galicia Confidencial, 05/10/16)

No hay comentarios: