"Novidade de calado no sector cooperativista e lácteo galego. Feiraco, Irmandiños, Melisanto e Xallas acordaron constituír unha cooperativa de segundo grao
(ferramenta para emprender procesos de integración) coa finalidade de
fortalecer o tecido perante unha crise que bateu fortemente este sector.
Queren que as explotacións que as integran gañen competitividade e
eficiencia a través dunha integración de servizos e da xestión de
compras. o que permitirá abaratar custos e resistir mellor os cambios
nos prezos do leite.
O proxecto impulsado polas directivas destas catro cooperativas vai
agora a someterse perante as asembleas xerais de cada unha o vindeiro 31
de outubro. De dar os socios o visto bo, a iniciativa comezará a andar o
1 de xaneiro.
Non é un proxecto fechado, pois aspira a sumar máis cooperativas galegas,
que para integrarse deberán contar cun capital de base mínimo de dous
millóns de euros. Non se desbota estenderse polo norte do Estado nin
sequer dar o salto a Europa. Tampouco se desbota que isto sexa o xerme
dun gran ghrupo lácteo galego, mais desde os promotores non se quere
poñer o carro dianto dos bois.
Potencial
Entre as catro cooperativas suman unha produción conxunta de 413 millóns de litros de leite,
e dotarse no futuro dun novo proxecto industrial é unha posibilidade,
se ben que polo momento xa contan coas plantas de procesado de Feiraco e
Clesa (participada por Feiraco, Irmandiños e Melisanto).
Da integración
resultará unha cooperativa con 4.340 socios e 428 traballadores, na que Feiraco controlará o 45,3% do capital; Os Irmandiños, o 30,7%; Melisanto, o 12,6% e Xallas, o 11,4%.
A facturación agregada das catro cooperativas no último exercicio foi de 196 millóns de euros,
mentres que este proxecto nacerá con máis de 37 millóns de fondos
propios --Feiraco (17 millóns), Irmandiños (11,6 millóns), Melisanto
(4,7 millóns) ye Xallas (4,3 millóns).
A nova sociedade contemplará desde a recollida, envasado e
distribución de leite e outros derivados ata a fabricación de pensos e a
prestación de servizos de asistencia á reprodución do gando e alimentación, veterinarios e xestión económica e administrativa. " (Sermos Galiza, 10/10/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario