"A Axencia Tributaria desmantelou, no marco da segunda fase da 'Operación Zebra',
unha rede que chegou a blanquear bens procedentes do narcotráfico por
un importe superior ao tres millóns de euros a partir de investimentos
no sector agroforestal galego e outras fórmulas complementarias.
Segundo informou a Axencia Tributaria, tras unha "complexa investigación patrimonial,
por primeira vez en Galicia logrouse acreditar vínculos entre o
narcotráfico e a explotación de plantacións para monte, un negocio que
ofrecía fortes expectativas de revalorización para a rede".
As actuacións, levadas a cabo por
funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Galicia e
Castela e León, arrincan en maio do ano 2015 coa detención de ACF, un
dos principais investigados no que pasaría a denominarse operación
'Zebra II', ao establecerse por parte dos investigadores vínculos claros
entre esta persoa e J.C.P., que á súa vez fora detido un mes antes,
xunto á súa parella M.N.I.R. na denominada 'Operación Zebra' como
presunto responsable dunha gran trama de branqueo de capitais
procedentes do narcotráfico.
Naquel momento, a A.C.F. xa se lle atribuíron
os mesmos supostos delitos de tráfico de drogas, contrabando, branqueo
de capitais e contra a facenda pública que se estableceron
indiciariamente en 'Zebra', tras determinar que esta persoa era un dos
principais subministradores de J.C.P. e M.N.I.R., e que, á súa vez,
tamén lles adquiría sustancias estupefacientes, tanto heroína como
cocaína.
A.C.F., con domicilio en Fene (A Coruña) foi
detido ao seu regreso dunha viaxe a Madrid, na localidade de Vilalba
(Lugo). O vehículo marca Mercedes que conducía no momento do arresto
fora dotado de espazos ocultos nos que foron achados ao redor de 70.000 euros en diversos faixos de billetes.
As investigacións posteriores centráronse en
aflorar o patrimonio desta persoa. Así, os investigadores de Vixilancia
Aduaneira puideron descubrir que, para ocultar a titularidade real dos
seus bens, A.C.F. "serviuse ao longo dos anos das súa ex parella
sentimental, S.R.R., e da súa actual muller, S.P.V.C., sendo todos eles
investigados pola súa presunta participación nun delito de branqueo de
capitais", indicaron as mesmas fontes.
O tres prestaron declaración no Xulgado de
Instrución número 1 de Lugo o pasado 17 de decembro en calidade de
investigados, xunto a outro seis persoas máis que fixérono en calidade
de testemuñas.
CASA
A casa que constitúe o domicilio familiar en
Fene foi adquirida en 1999 por S.R.R. e non cambiou de titularidade tras
a compra, continuando no Rexistro da Propiedade a nome dos vendedores.
Tamén foron adquiridas xunto a esta diversas
leiras de natureza rústica e unha casa en Muras (Lugo), non figurando no
catastro tras a compra a nome de A.C.F., matiza a Axencia Tributaria.
Por outra banda, S.P.V.C. adquiriu ao seu nome numerosas leiras rústicas destinadas a plantación de monte, a parella efectuou investimentos en pólizas de vida e detectáronse investimentos no sector funerario.
Por outra banda, S.P.V.C. adquiriu ao seu nome numerosas leiras rústicas destinadas a plantación de monte, a parella efectuou investimentos en pólizas de vida e detectáronse investimentos no sector funerario.
Entre os efectos intervidos destacan 238.000
euros achados no domicilio de A.C.F. en Fene, do mesmo xeito que o
propio inmoble, outras dúas vivendas situadas en Inciñán, en Muras
(Lugo) e 175.000 euros en contas bancarias.
NEGOCIO FORESTAL
A Axencia Tributaria destaca como "principal
novidade desta investigación e alicerce chave da estrutura de branqueo
en 'Zebra II'" a utilización do negocio forestal para o branqueo.
"Por primeira vez detectouse un volume
relevante de investimentos no sector agroforestal galego con fondos
procedentes presumiblemente do narcotráfico", explica e engade que
"estes investimentos forestais, fundamentalmente piñeiros e eucaliptos neste caso, ofrecen unha especial revalorización dos bens co transcurso do tempo".
Para identificar as propiedades agroforestais
da organización, a Axencia Tributaria levou a cabo unha "laboriosa
investigación", concreta, "especialmente tendo en conta a gran cantidade
de minifundios existente en Galicia, destinada ao achado de todos os
bens de titularidade real do investigado A.C.F., concluíndo que
ganancias procedentes do tráfico de drogas foran investidas na
adquisición de terreo e plantación de bosque".
A investigación agroforestal foi realizada
por un grupo especial de Vixilancia Aduaneira con medios de
investigación aéreos, así como con aplicacións informáticas creadas para
o efecto, xunto coa análise de datos obrantes na Dirección Xeral do
Catastro, información notarial e rexistral, acompañado dun minucioso
traballo de campo para a localización das leiras rústicas destinadas a
plantación forestal.
O resultado de todo iso foi a identificación e
posterior intervención de 111 hectáreas situadas nos municipios de
Pontes de Garcia Rodríguez (A Coruña) e Muras que o detido A.C.F.
destinaba a plantación de monte.
A Axencia Tributaria dá así, asegura, "un
paso adiante na localización e embargo preventivo de activos produto do
delito, non só polas leiras rústicas obxecto de anotación preventiva,
senón tamén polos froitos forestais que estas xeren nun futuro".
Os investigadores estiman un valor actual de
mercado de máis de 445.000 euros para os terreos intervidos, sen ter en
conta o rendemento da madeira plantada. A 'Operación Zebra' continúa
aberta nunha terceira fase e estase analizando a documentación recibida a
partir das distintas comisións rogatorias libradas polo Xulgado de
Instrución 1 de Lugo, baixo a dirección do seu titular, Pilar de Lara." (Galicia Donfidencial, 15/02/19)
No hay comentarios:
Publicar un comentario