"Este luns ao mediodía chegou a
haber 19 pacientes; sobre as catro da tarde eran 13 as persoas
clasificadas para entrar nos cubículos pola súa situación e que estaban
agardando nos corredores”, explica Nercellas, que enviou --como
no día no que trasladou á Fiscalía o caso das mortes-- un correo
advertindo á xerencia do Sergas e a dirección da área sanitaria do
problema e da necesidade de abrir espazos para a atención.
Ante a falta
de resposta, decidiu pedir amparo á xustiza porque “non se pode explorar
unha persoa enclaustrada no corredor”. “Adoitan dicir que minto e iso
non é certo”, explica ante o rexeitamento de Sanidade ás súas denuncias.
A petición de amparo chega cando a folga semella
achegarse ao seu final logo de catorce semanas. A asemblea de
traballadores celebrada este luns debateu a última proposta da xerencia e
a comisión de centro acordou presentar unha última contraoferta na que
se acepta a dotación de profesionais pero reclamando dous médicos máis
dos dous que propoñía a dirección. Tamén se solicitará un maior detalle e
concreción no que ten que ver coa apertura de diversas zonas en caso de
aumento da demanda asistencia, así como da dotación de medios e persoal
de enfermería, auxiliares e médicos nelas.
Será o mércores cando a xerencia e os traballadores
debatan esta última proposta para poñer fin á folga convocada pola
comisión do centro. Podería ser o final deste paro, aínda que polo
momento o que seguirá será o convocado para os médicos polo sindicato
O’Mega.
O cadro de persoal deste colectivo está formado por 40
profesionais e coa folga reivindicaron 47 para facer as quendas, aínda
que con posibilidade de rebaixar o número para chegar a un acordo.
Ademais, prevén que se contraten máis traballadores fixos xa que hai
oito máis non fixos que o Sergas contrata para cubrir ausencias.
Os médicos aceptarían agora catro profesionais máis
pero sempre que lles concreten a presenza real e o número de
interinidades para que os postos sexan estables, ademais de non
traspasar a “liña vermella”: “Teñen que protexer a saúde laboral”. (Miguel Pardo, Praza Pública, 12/02/19)
No hay comentarios:
Publicar un comentario