"A partir do próximo luns, 16 de marzo, os centros educativos de toda Galicia permanecerán pechados como medida preventiva perante a crise do coronavirus.
Esta é a información que vén de adiantar a Xunta ao seu medio de
referencia, La Voz de Galicia, a pesar de que este mesmo xoves o
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén ofrecía a tradicional
rolda de prensa do Consello.
Segundo indica La Voz de Galicia, no día de mañá venres, os pais e nais
poderán decidir se queren enviar os seus fillos ás garderías, colexios,
institutos e universidades, xa que se entende que se precisa unha marxe
de tempo para que as familias se reorganicen. Esta medida foi tomada de maneira unilateral e sen consultar co estamento docente, tal e como informan fontes consultadas por Galicia Confidencial.
Igualmente, o Consello da Xunta delibera agora as medidas máis
adecuadas en relación ao teletraballo das persoas funcionarias. O
presidente autonómico ofrecerá máis detalles na rolda de prensa prevista
para o mediodía deste xoves." (Galicia Confidencial, 12/03/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario