"O alcalde da Pobra do Brollón, José Luís Maceda, chama a rexenerar O Courel "canto antes".
O alcalde da Pobra do Brollón, José Luís Maceda, chamou a rexenerar a zona arrasada polo lume na serra do Courel "canto antes"
tras sufrir o que considera un "Prestige forestal". "É de gran tristeza
e frustración ver como quedou arrasada toda esa zona", lamentou o
rexedor sobre un lume que calcinou 11.100 hectáreas, no maior incendio en Galicia desde que hai rexistros.
Na Pobra, o rexedor sinala que este lume "arrasou unha zona de especial riqueza forestal e de interese paisaxístico, nunha zona que limita co Courel". Así, sostén que "neste momento hai que buscar unha solución para rexenerar o monte canto antes, e nalgún caso tramitar as axudas para rehabilitar as vivendas afectadas".
Sobre a declaración de zona catastrófica, José Luís Maceda, apuntou que
debe ser como un "todo" que afectou a tres municipios: A Pobra, Folgoso
do Courel e Quiroga. "No Courel o lume afectou á reserva da biodiversidade de forma moi importante. O desastre ecolóxico está aí, e pódese dicir que ten a dimensión do Prestige", comparou Maceda.
O alcalde da Pobra do Brollón, que é veterinario, calcula que "foron
moitos máis de 40.000" os animais que puideron perecer neste incendio." (Galicia confidencial, 12/08/22)
No hay comentarios:
Publicar un comentario