"A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, lanzará este xoves en Galicia o seu proxecto político Sumar cun acto no Courel.
Nunha entrevista na Cadea SER recollida por Europa Press, a ferrolá recalcou que Sumar non será "unha sopa" nin unha coalición de partidos de cara ás próximas eleccións xerais á vez que celebrou que "escoitar estea de moda" agora entre os partidos políticos.
Díaz incidiu que Sumar é un "movemento cidadán, non unha plataforma electoral"
e por tanto non está a traballar para "facer unha sopa nin unha suma de
siglas" posto que iso xa se fixo no pasado en Castela e León e
Andalucía. "Non me interesa nada diso", sinalou.
A dirixente 'morada' indicou que con este movemento cidadán, que
arrincará este xoves no Courel o que busca é escoitar, nesta ocasión ao
"rural vivo", e adiantou que nos próximos días dará a coñecer os equipos
de traballo que teñen por diante a "tarefa de levantar proxecto de país
para a próxima década".
Preguntada por se lle preocupa o proceso de escoita que tamén se dispón a pór en marcha o PSOE,
que prevé 30 actos do seu secretario xeral e presidente do Goberno,
Pedro Sánchez, para achegarse á cidadanía, Díaz deixou claro que non
compite con el senón que mantén unha "relación magnífica" e o que fai é
"cooperar".
"Está de moda escoitar", destacou, incidindo en que o
líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, "tamén vai escoitar". Na súa opinión,
"quere dicir que isto funciona". Así as cousas, animou a seguir
escoitando dado que "o principal problema que segue tendo hoxe a
cidadanía española é a desafección política e segue crecendo" e hai unha fractura cos cidadáns que non entenden o que están a facer os políticos e non os considera "útiles".
Por último, garantiu que se dela depende "Feijóo non vai chegar á Moncloa en 2023".
"Isto pódoo facer desde o meu despacho de avogados ou desde unha
convocatoria electoral, non sei como vai ser" posto que recoñeceu que
descoñece "no que vai acabar Sumar". (Galicia confidencial, 29/08/22)
'Galicia es una tierra increíble, condenada a desaparecer' (Juan Tallón)... La herencia de Fraga...
30/8/22
Yolanda Díaz elixe o Courel para lanzar Sumar, e escoitar ao "rural vivo"... e adiantou que nos próximos días dará a coñecer os equipos de traballo que teñen por diante a "tarefa de levantar proxecto de país para a próxima década"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario