"A Costa da Morte, como xa boa parte do litoral galego, segue inmersa na crise medioambiental dos pellets. E de novo, a sociedade civil volve demostrar estar moi por diante das administracións. Coa Xunta deixando esta catástrofe en mans dos Concellos, e mesmo enganando á cidadanía a base de propaganda, foi a cidadanía á que conseguíu levar o asunto ao centro da palestra de todo o estado, gracias ás súas xornadas de limpeza.
Máis de 150 persoas en Lariño, Carnota; máis de 30 en Lourido, Muxía; outra tantas en Traba, Laxe… ademais das 55 que celebraron o 10º aniversario de Mar de Fábula limpando unha praia en Camariñas, empregaron o seu domingo antes de volver á vida real, participando en limpezas destes ingratos microplásticos de 5 milimétros.
E se ben hai que valorar este esforzo cidadán, tamén hai que deixar claro que os elementos da cociña como coadoiros ou peneiras, non son suficientes para esta marea contaminante. “Temos moita vontade, pero tristemente non somos efectivos”, reflexiona Javier Boquete, veciño de Carnota que lanzaba a convocatoria nas redes para limpar a praia de Lariño e que conseguía xuntar 150 persoas sobre o areal. “Coa acción de hoxe lanzamos unha mensaxe de SOS, pero a poboación non ten a solución a este enorme desastre medioambiental. As praias precisan de solucions ou medios máis potentes ou incluso atallar o problema dende o mar”, sinala con rotundidade cunha sensación agridoce despois da xornada de limpeza na que apenas chegaron a recoller 5kg de pellets. “Aproveitamos para recoller toda clase de lixo, pero estes microplásticos son supercomplexos de recoller. Están moi desperdigados e enterrados. É terrible”, lamenta.
Na mesma liña reflexionaba Mar de Fábula co gallo do seu aniversario, esixindo un protocolo de merxencia á Xunta de Galicia e a Goberno estatal. “É misión imposible apañar os pellets en canto se espallan nos areais”. E ofrecen unha estatística: o 75% dos plásticos que caen ao mar, directamente van ao fondo, o 15% queda aboiando no mar e o 15% chega á costa.
Unha boa imaxe é a vivida na praia de Nemiña, á chamada do BNG muxián, e coa colaboración da Asoc. de Veciños. Unhas 40 persoas voluntarias chegaban con toda a súa vontade con elementos da súa cociña: peneiras, vasoiras, escurridores, peneiras de albanileria, capachos, bigbags... para conseguir apañar 3 bigbags e 13 bolsas de lixo cheas de microplasticos. Noutro punto do litorial muxián, na Praia de Lourido, apareceron varios sacos enteiros sen romper.
Tamén en Traba de Laxe, Acción Ecolóxica convocaba unha limpeza na que participaron os membros de Podemos Laxe.
Unha marea humana de solidariedade, que non pode co potencial contaminante deste pellets." (Ubaldo Cerqueiro, Que pasa na costa, 08/01/24)
No hay comentarios:
Publicar un comentario