4/2/24

"Vainos a vida nisto": da lista de espera de Marita á desesperación de Raúl, a Galiza que defende a sanidade ateigou Compostela

 "Antonio leva anos vendo pasar manifestacións en Compostela. El, xubilado, apóstase na praza de Galiza para miralas. É un lugar de espreita privilexiado, onde viran as mobilizacións dúas veces: unha, ao saír da Alameda —lugar tradicional de arranque das manifestacións nacionais— e torcer cara ao Ensanche. Outra, ao emproar a zona vella entrando pola Porta da Mámoa. Así pois, estes anos de vixía testemuñan que Antonio sabe de manifestacións. E a deste domingo é grande, confirmou. “Hai un monte de xente”, dixo. “Esta é das grandes, si señor, das moi grandes”, concluíu, após ver durante máis dunha hora como pasaban fronte a el riadas de xente.

Antonio non erraba. Miles e miles de persoas ateigaron Compostela na mañá deste domingo para secundar a manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública contra as políticas sanitarias do Goberno galego do PP. “Vainos a vida nisto”, resumía Elena, de Ferrol, a importancia desta moblización. "Pedín unha cita para o pediatra para o neto e déronme para máis dunha semana. Home, para aquela ou sana ou morre", enfatiza.

Unha desas miles de persoas presentes onte na capital galega tamén era Marita, que viña de Vigo. “Levo máis dun ano esperando por unha resonancia, non aturo a dor que teño nas costas e disque son prioritaria para atender, pero diso nada de nada, xa estou desesperada”, sinala en conversa con Nós Diario.

“É unha vergoña”

No hay comentarios: