30/10/24

O ensino público maniféstase en Compostela contra "os recortes e a propaganda" da Xunta

 "Profesorado, alumnado e asociacións de pais e nais marcharon este sábado polas rúas de Santiago de Compostela para denunciar a "propaganda e os recortes" da Xunta da Galiza nos centros educativos.

Convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público –composta por entidades de distinta natureza, como o BNG, Galiza Nova, Erguer, a CIG, Asociación Socio-Pedagóxica Galega a Confederación Anpas Galegas, entre outras–, a manifestación partiu da Alameda compostelá pasadas as 12.15 horas e transcorreu por distintas rúas da cidade nova antes de entrar no centro histórico e concluír na Praza de Praterías, onde as manifestantes deron lectura a un manifesto.

No hay comentarios: