8/1/08

XA TEMOS NOME PARA A GALIZA FUTBOLEIRA ENTEIRA

'A irmandiña' xa agarda polos 'leóns indomábeis'. O xurado de 'Ímoslle poñer nome á Selección Galega' coincidiu cos lectores de Vieiros. Os nosos xogadores son irmandiños e as irmandiñas.

Xa temos un outro nome para a Selección Galega: 'A irmandiña'. Un xurado composto por xornalistas da Radio Galega, Televisión de Galicia e Vieiros optou tamén polas variantes de 'irmandiños' e 'irmandiñas' para denominar aos xogadores, xogadoras e siareiros.

Os membros do xurado tiveron moi en conta as preferencias dos lectores. Hai que lembrar que 'os irmandiños' foi a proposta máis votada polos internauta e que a variante 'a irmandiña' tamén se atopaba entre as catro que contaban con máis apoio. Na deliberación tamén estivo o nome de 'tropas de Breogán'.

Péchase así un concurso no que se propuxeron preto de cincocentos nomes diferentes para a nosa selección e na que votaron numerosos usuarios de Vieiros. Este mércores tamén se coñeceu o nome dos 6 premiados no concurso. Xa temos berro para este xoves, que se preparen as catalás e os cameruneses, diante teñenen as malladoras 'irmandiñas'. (Vieiros, 15:05 26/12/2007)

No hay comentarios: