10/10/08

Se pagan 2,4 millones de euros, que no se tienen, por una plaza, que se iba a tener

“Esquerda Unida decidiu absterse na votación sobre a reforma da praza onde está a Casa do Concello. O PSOE contou co apoio de PP, Independentes e BNG.

"Quen gaña é o concesionario, a quen felicitamos pola negociación, pero non gaña a cidade de Ferrol", laiábase este xoves a primeira tenente de alcalde do Concello de Ferrol, Iolanda Díaz, na explicación da postura do seu grupo, Esquerda Unida (EU), durante a votación do proxecto. Díaz recordou ademais que o seu grupo non foi convidado a participar nas conversas coa empresa beneficiada, propiedade de Isidro Silveira, actual presidente do Rácing de Ferrol.

Esquerda Unida critica así o gasto de 2,4 millóns de euros para pagarlle á empresa de Silveira a cambio da rescisión da concesión pola explotación do estacionamento subterráneo e os 11 locais comerciais adxacentes. A líder de EU tamén se queixou de que se afronte un proxecto desta magnitude cando permanece aínda sen finalizar a Praza de España. O novo proxecto impulsado polo PSOE local, co alcalde Vicente Irisarri á fronte, prevé construír un novo aparcamento que pase de 100 a 400 prazas e elimine a área comercial, isto último xa esixido polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Barrio da Madalena.” (Vieiros, 03/10/2008)

No hay comentarios: