27/9/16

O PP arrasa nas zonas rurais, con índices superiores ao 50%. A comarca do Sar en Santiago, O Morrazo e Vigo foron os caladoiros de En Marea. O PsdeG resiste en Lugo. O BNG non se impuxo en ningunha comarca

"Os comicios do 25S deixan unha Galicia partida en dous cachos, aínda que un cacho é máis grande que o outro. Por unha banda, a Galicia urbana ou semiurbana e, pola outra, a Galicia rural. Na primeira, a suma dos partidos de esquerda é, na maioría dos casos, superior á suma do PPdeG, mentres que este partido arrasa nas zonas rurais, con índices superiores ao 50%.

De feito, os populares volveron cimentar a súa terceira maioría absoluta en Galicia nas provincias do interior, principalmente en Ourense, onde gañaron un deputado máis, e nas comarcas rurais do interior da Coruña e Pontevedra. En Lugo perderon un escano, que recuperaron na Coruña, xa que ese parlamentario se perdeu por motivos pobacionais, pasando de Lugo a A Coruña.

Con todo, os populares recuperaron o terreo perdido en amplias zonas urbanas. De feito foron os máis votados en todas as grandes cidades, aínda que cunha porcentaxe inferior á suma das forzas de esquerda.

Pola súa banda, En Marea conseguiu sorpasar ao PSdeG grazas, en parte, as zonas urbanas. Esta formación foi a segunda forza, precisamente, en todas as áreas metropolitanas das grandes urbes e, tamén, nas zonas semiurbanas que rodean esas áreas. Así, foi a segunda forza na Coruña, Barbanza, Ferrol, Lugo, O Baixo Miño, O condado, O Morrazo, Sar, O Salnés, Pontevedra, Santiago, Terra de Trives e Vigo (26,39). A única zona que se lles resistiu foi a comarca de Ourense, na que gañou o PSdeG.


En Marea-PP

As porcentaxes de consolidación da súa segunda posición nestes comicios van desde o 16,5% da comarca do Sar --ao carón de Santiago--, ata o 27% do Morrazo ou o 26,40% de Vigo, que foron os grandes caladoiros de votos de En Marea. Pola contra, o PPdeG superou o 50% en case todas as comarcas do interior, destacando o 66,5% da zona do Xallas e superando o 60% na Paradanta, Ulloa Baixa Limia, Deza, O Carballiño, Quiroga, Terra de Celanova e Terra de Melide.

Pola súa banda, o PSdeG resistiu en comarcas con tradición socialista da Coruña, Lugo e Ourense. Así, en Lugo, superaron o 24% de votos nos Ancares ou Meira, e en Ourense na Fonsagrada, Baixa Limia, Terra de Trives ou Valdeorras. Na Coruña tamén superaron o 20% no Eume, na Barcala e en Terra de Soneira.

O BNG non se impuxo en ningunha comarca. De feito, viu coma nun bastión nacionalista como é Allariz foi o PPdeG o máis votado. De feito, este partido impúxoses en 304 dos 314 concellos, gañando en tres concellos máis que no 2012. Os socialistas só o fixeron en nove --fronte aso doce de hai catro anos--, a maior parte das montañas de Lugo e Ourense. Tamén conservou a Illa de Arousa.En Marea só se impuxo nun concello, o de Vilar de Santos, que en 2012 votara maioritariamente por Compromiso por Galicia.

Pola súa banda, o PSdeG resistiu en comarcas con tradición socialista da Coruña, Lugo e Ourense. Así, en Lugo, superaron o 24% de votos nos Ancares ou Meira, e en Ourense na Fonsagrada, Baixa Limia, Terra de Trives ou Valdeorras. Na Coruña tamén superaron o 20% no Eume, na Barcala e en Terra de Soneira.

O BNG non se impuxo en ningunha comarca. De feito, viu coma nun bastión nacionalista como é Allariz foi o PPdeG o máis votado. De feito, este partido impúxoses en 304 dos 314 concellos, gañando en tres concellos máis que no 2012. Os socialistas só o fixeron en nove --fronte aso doce de hai catro anos--, a maior parte das montañas de Lugo e Ourense. Tamén conservou a Illa de Arousa.En Marea só se impuxo nun concello, o de Vilar de Santos, que en 2012 votara maioritariamente por Compromiso por Galicia."              (Galicia Confidencial, Xurxo Salgado   , Galicia Confidencial, 26/09/2016)

No hay comentarios: