"O leite subiu en agosto por primeira vez en Galiza no que vai de ano, pagándose a 27,2 céntimos o litro.
Mais ese lixeiro aumento a respecto dos meses de xullo e xuño, cando
se pagou a 26,8 e 26,9 respectivamente, non impide que se continúen a fechar explotacións: 46 durante o mes de agosto, dúas cada tres días. Son datos do informe que mensualmente publica o FEGA.
Ese pequeno incremento no leite que se paga en Galiza non chega para
igualar o que se pagaba en maio, 27,3 céntimos. E nese mes o prezo era
moi inferior ao que había cando comezou o 2016. Entón pagábase a 28,8
céntimos o litro e xa viña de sofrer meses de caídas e baixadas.
En
Galiza continuamos a ter o litro de leite peor pago de todo o Estado
español. No conxunto do Estado a media era en agosto de 29 céntimos o
litro, 1,8 céntimos máis que no noso país.
Mentres, o fechamento de explotacións continúa. Foron 46 no mes de
agosto, un total de 366 desde que comezou o ano. O 2016 arrancou en
Galiza con perto de 9.100 explotacións e agora temos 8.709 e baixando.
No conxunto de Estado tiveron que abandonar a actividade, entre xaneiro e
agosto, 635 explotacións. O 58% delas ubicadas en Galiza." (Sermos Galiza, 03/10/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario