6/10/16

Máis da metade dos fogares galegos chegan con dificultade a fin de mes

"O 56,5% dos fogares galegos chegan con dificultade ou con moita dificultade a final de mes no terceiro trimestre de 2016, unha porcentaxe que apenas varía a respecto de semestres anteriores. Mais hai unha diferencia fundamental: dentro dese grupo, aumentan aqueles foagres que afirman que chegan con moita dificultade. 

Xa son o 12,2%, máis de un de cada dez fogares no noso país. Pola contra, aqueles que din que acaban o mes con facilidade ou moita facilidade son o 43,4%, unha cifra máis baixa que a rexistrada ens emestres anteriores.

Baixan, logo, os fogares que din que chegan a final de mes sen agobios e aumentan aqueles que recoñecen ter moitas dificultades para facelo. Son dados do Instituto Galego de Estatística (IGE). De feito, e no estudo publicado polo IGE, sinálase que o 22,68% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. 

Considéranse como extra facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar. Ou os gastos destinados a vacacións ou viaxes.

O 12% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra mercando marcas brancas e produtos en oferta. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos. Ademais, o 11,44% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa, calzado e transporte, etc (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación)."            (Sermos galiza, 05/10/16)

No hay comentarios: