3/5/17

Investigado o xefe de persoal da Deputación de Ourense por suborno

"O xefe de persoal da Deputación de Ourense e alcalde de Monterrei, José Luís Suárez, atópase entre os investigados por un suposto delito de suborno nun operativo con cinco detidos e dous investigados por fraude en cursos de formación.

Fontes próximas á investigación explicaron que a operación, baixo segredo de sumario, comezou hai un ano e saldouse con cinco persoas detidas e dúas investigadas. Entre os primeiros hai empresarios e entre os segundos, un político.

As mesmas fontes apuntaron que dos cinco detidos, dous xa quedaron en liberdade en sede policial o pasado 26 de abril, mentres que outro tres pasarán a disposición xudicial nas próximas horas no Xulgado de Instrución Número 1 de Ourense, que instrúe a causa.

No marco deste operativo investígase unha suposta fraude duns 500.000 euros en cursos de formación en relación á academia San Pablo de Ourense.

SUBORNO

En concreto, o xefe de Persoal da Deputación de Ourense confirmou, en declaracións a Europa Press, que o xoves recibiu unha comunicación para personarse na comisaría da Policía Nacional, onde lle notificaron a súa situación de investigado por un suposto delito de suborno nun operativo sobre fraude en cursos de formación.

Respecto diso, Suárez afirmou que non ten "nada" que ver con esa academia investigada e rexeitou que exista relación con cursos de formación por parte da Deputación de Ourense, pero engadiu que descoñece calquera vinculación doutro tipo, como a relativa a subvencións."        (Galicia Confidencial, 28/04/17)

No hay comentarios: