"As treboadas feministas ocupan as rúas e paran Compostela. As columnas
feministas, saídas de catro puntos distintos da cidade, conflúen no
centro. “Hoxe imos comer na rúa, imos ficar e non nos imos mover”,
anunciaron as activistas con altofalantes.
Milleiros de mulleres, convocadas por Galegas8M,
tomaron as rúas de Compostela durante a mañá da folga feminista. Ás
nove da mañá dábanse cita os primeiros piquetes informativos no centro
da cidade que, ademáis de tentar garantir o direito á folga das
traballadoras, sinalaron distintos establecementos “especialmente
culpábeis da opresión das mulleres”: centros de estética e coñecidas
tendas de roupa entre outros.
O momento álxido da mañá produciuse a partir das
11:30 horas cando se comezaron a dar cita distintos grupos de activistas
nas chamadas “treboadas feministas”. Desde catro puntos distintos da
cidade (Campus Sur, Galuresa, Concheiros e San Caetano) partiron en
manifestación até confluiren, pasadas as doce do medio día, na praza de
Galiza e na rúa da Senra.
Milleiros de mulleres xuntáronse no centro de Compostela superando todas
as previsións, nunha mobilización ainda máis numerosa da do ano 2018.
Perto das 13:00 horas unha portavoz das activistas anunciou a través dun
altofalante a intención de ficar ocupando as rúas e chamando a “comer
na rúa e permanecer ao longo de todo o día”." (El Salto, 08/03/19)
No hay comentarios:
Publicar un comentario