12/3/19

A Xunta licita 3,5 millóns en propaganda e suma xa case 15 millóns para os medios de comunicación. Todo nun ano con triple cita electoral...

"A Xunta de Galicia non para de destinar diñeiro aos medios de comunicación. Se hai un día GC informaba de varios concursos convocados a finais do pasado e principios deste ano por varios millóns de euros,  a relación de consellerías que convoca novas licitacións millonarias para concursos de propaganda institucional segue aumentando. Unhas cifras que rondan xa os 15 millóns de euros e nun ano, ademais, que ven marcado por tres citas electorais; as xerais adiantadas, as municipais e as europeas.

Aos concursos de Turismo de Galicia por case seis millóns de euros, os case tres millóns de varias campañas da Consellería do Medio Rural, e dous millóns da Consellería do Mar por valor de dous millóns de euros, súmanse agora outros 3,5 millóns das consellerías de Infraestrutura e de Medio Ambiente. A esta cantidade hai que sumarlle, ademais, os case dous millóns repartidos a dedo pola Secretaría Xeral de Medios o penúltimo día do 2018. En total, serían xa de 15,5 millóns de diñeiro público xa licitado ou por licitar.

Así, estes 3,5 millóns repartense entre dous departamentos. A Consellería de Infraestruturas prepara un gran acordo marco do servizo de elaboración, produción e plan de medios das campañas de promoción dos ámbitos competenciais atribuídos a este departamento e as súas entidades adscritas durante 2019 e 2020, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, cun único empresario para contratar (anticipado de gasto). En total, o concurso sería de 2.479.338,84 euros con IVE

Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente tamén convocou dous concurso por un valor total de un millón de euros. Así, destinará 800.000 euros para o desenvolvemento dunha campaña de comunicación para a difusión e divulgación social en materia de paisaxe en Galicia durante 2019 e 2020. 

O outro concurso de 210.617, 93 con IVE para o servizo de deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sostible e educación ambiental na rede de parques naturais de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%.

A maior parte deste diñeiro vai parar aos grandes medios de comunicación, principalmente, ás familias mediaticas galegas. Destaca no reparto a importante cantidade que recibe o grupo Voz de Galicia que soe levar a metade do diñeiro das campañas da Xunta. O seguinte medio sería Faro de Vigo e despois os grupos El Progreso de Lugo e La Región de Ourense."             (Galicia Confidencial, 26/02/18)

No hay comentarios: