"Os familiares dos usuarios desta residencia de
Santiago viven con moito medo e tensión todo o que esta pasando neste
centro que se converteu no epicentro das mortes en Galicia. "Ninguén nos
di nada", critican. Esta é a crónica do que pasa nunha residencia que a
Xunta non quere intervir a pesar do gran número de falecidos.
DomusVi San Lázaro é hoxe o epicentro da traxedia que se vive en Galicia. Nesta residencia de Santiago de Compostela foi a primeira onde se souberon de casos positivos nos primeiros días do confinamento, tal e como adiantou Galicia Confidencial o 19 de marzo pasado. E, agora, tristemente, convértese novamente en noticia por ser o centro de maiores con máis mortos de Galicia, preto de 40. Isto supón que máis do 25% dos residentes xa están mortos.
Neste centro estaban ingresadas 150 persoas antes de que toda esta
pandemia comezara. Os primeiro test realizaron deron 82 positivos entre
residentes e máis de 30 entre traballadores. Este 8 de abril, noutras
novas probas aumentaron os positivos con oito novos residentes e sete
traballadores. Uns datos demoledores: 91 residentes e 37 traballadores contaxiados. Máis do 60% dos maiores están contaxiados.
Pero desa dura porcentaxe, hai que facer outra aínda máis dura. Preto
de 40 persoas están xa mortas, o 25% dos residentes. Non é un dato
exacto porque a Xunta non facilita información da procedencia dos mortos
en hospitais. E iso, que Feijóo criticaba este domingo a Sánchez por
falta de información e protocolos en relación ás residencias e maiores.
Para o Goberno galego, as vítimas son “cifras”, “números”, tal e como din os familiares.
Por iso, son eles os que teñen que facer contas para saber o número de
mortes confirmadas nesa residencia, na Porta do Camiño, que curiosamente
é o centro de referencia onde a Xunta está levando a maiores
supostamente menos contaxiados e nos que xa houbo mortos, e tamén nos
hospitais.
CASOS DE XULGADO
Galicia Confidencial puido coñecer a testemuña de varios destes
familiares rotos pola dor dunha perda, pero, sobre todo, pola
insensibilidade coa que a xerencia de DomusVi e a propia administración
galega está tratando esta situación. Moitos non souberon nada deles, nin
que tiñan, nin onde estaban. E, nalgunha ocasión nin tan sequera os chamaron para avisalos da súa morte.
“A miña nai faleceu en Porta do Camiño. A min non me chamaron para
nada, nada de nada. Cando me enterei do positivo chamaba todos os días e
sempre a mesma resposta; “está ben, illada, asintomática”,
apunta a filla dunha das falecidas. Outro día que chamou nun festivo
mesmo recibiu a bronca da médica. “Iso son cousas da xerencia. Ten que
preguntarlle a eles pero non ve que hoxe é festivo”, espetoulle.
“Só me chamaron un día despois de que morrera. Pero non a directora, non. Foi a asistente social e que a título persoal me quería dar o pésame. Imaxínate como me puxen”, lembra. Esta muller, unha das poucas veces que puido falar coa xerenta do centro, díxolle que agardaba que non pasara como en Madrid. “Alí morren porque non se seguen os protocolos”, contestoulle. “E resulta que aquí agora morren cada día unha chea deles. E que protocolos seguen aquí?”, pregúntase.
“Só me chamaron un día despois de que morrera. Pero non a directora, non. Foi a asistente social e que a título persoal me quería dar o pésame. Imaxínate como me puxen”, lembra. Esta muller, unha das poucas veces que puido falar coa xerenta do centro, díxolle que agardaba que non pasara como en Madrid. “Alí morren porque non se seguen os protocolos”, contestoulle. “E resulta que aquí agora morren cada día unha chea deles. E que protocolos seguen aquí?”, pregúntase.
INHUMANIDADE
Outra moza, neta doutra falecida, está convencida das numerosas
irregularidades que se están cometendo nese centro. De feito, no seu
caso, xa as denunciu antes de que esta crise comezara. O caso da súa
avoa é como o doutros residentes. Comezou con febrícula unha mañá.
Deixaron pasar e pola noite xa estaba moito peor e houbo que ingresala
no hospital de Santiago. “Vai para o hospital e xa te arranxas ti se te deixan ou non pasar. Iso non é competencia nosa”, espetáronlle no centro.
No hospital dixéronlle que fora moi deshidratada e con moita febre e
“unha neumonía moi grande”. Esta neta non puido despedirse da súa avoa,
como moitos outros, pero foi grazas a humanidade dun médico que puideron
falar con ela e vela de lonxe antes de devolvela ao hospital.
Son casos crus, duros, case irreais. Son maiores que
morren como unha cifra, cun número. Estadísticas que a Xunta, ademais,
non quere aclarar. Pero eses maiores teñen nome e teñen familia. E, como
din, “algún día farase xustiza”. E contan isto, para que non volva
pasar e para que os familiares que están en situacións semellantes pidan
axuda." (Xurxo Salgado, Galicia Confidencial, 13/04/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario