"Un incendio declarado esta tarde de luns no municipio de Moaña ameaza
casas na parroquia de Meira. A Consellería de Medio Rural informa de que
o lume obrigou a cortar a autovía do Morrazo (CG 4.1) entre os
quilómetros 5 e 6.
Ás 17,00 horas, a alcaldesa de Moaña, Leticia
Santos, explicou a Europa Press que se vivía unha situación crítica,
"cos veciños apagando o lume desde terra" porque "aínda non chegaron os
medios". Asegura que non houbo desaloxos porque os habitantes traballan
na zona.
No entanto, a esa hora non se decretou a Situación 2,
alerta por proximidade a vivendas, por parte da Xunta. Segundo informa a
Consellería de Medio Rural a Europa Press, o lume de Moaña iniciouse ás
15,54 horas na parroquia de Meira. Indica que traballan tres avións,
tres motobombas, seis brigadas e dous axentes.
A columna de fume
que provocou este incendio é visible desde diferentes municipios a
varios quilómetros á redonda na tarde deste luns." (Galicia Confidencial, 22/06/22)
'Galicia es una tierra increíble, condenada a desaparecer' (Juan Tallón)... La herencia de Fraga...
23/8/22
Os veciños apagan o incendio "crítico" de Moaña por falta de medios
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario