"Na gala, decorrida na noite do sábado desde A Coruña, a proposta galega 'Florespiña', de PAMP! e Ana Kiro, 'revivida' grazas á tecnoloxía, quedou terceira con 18,9 puntos. A pesar de ser a menos valorada polo xurado, foi a favorita do público.
O grupo neerlandés Synthetic Beat Brigade, coa canción 'How would you touch me?', venceu o AI Song Contest 2023, coñecido como a Eurovisión mundial da Intelixencia Artificial. Obtivo 20,5 puntos tras a votación combinada do xurado e o público.
A proposta gañadora empregou diferentes tecnoloxías de intelixencia artifical para xerar tanto a música como a letra a partir dunha análise de todas as cancións que competiron en Eurovisión entre 2010 e 2019. A canción versa sobre un amor inalcanzábel entre unha IA e un ser humano.
Na gala, decorrida na noite do sábado desde A Coruña, a proposta galega 'Florespiña', de PAMP! e Ana Kiro, 'revivida' grazas á tecnoloxía, quedou terceira con 18,9 puntos. A pesar de ser a menos valorada polo xurado, foi a favorita do público.
En segundo lugar quedou 'Bandschleifer', a proposta alemá, de Dadabots, con 19,3 puntos. En total, participaron 10 candidaturas da Galiza (a anfitrioa), Alemaña, Canadá, España, Estados Unidos, India, Países Baixos, Portugal, Reino Unido e Suecia.
Polémica
O evento non estivo exento de polémica. A gala ía ser presentada pola actriz Neves Rodríguez e os xornalistas Ricardo Saavedra e Belén Rivero. Con todo, renunciaron a participar pola "negativa expresa a asinar un contrato de traballo" por parte da organización, segundo un comunicado que compartiron a través das súas redes sociais.
"Por respecto ao noso propio traballo e ao sector profesional ao que pertencemos, o equipo de dirección e os presentadores que iamos formar parte da gala AI Song Contest decidimos desvincularnos dese proxecto", sinalan nun texto no cal tamén agradecen os patrocinadores públicos e privados deste evento, "seguramente descoñecedores desta situación".
A pesar diso, a gala celebrouse en galego, inglés e castelán con tres presentadores alternativos e contou cunha actuación de apertura do grupo de música tradicional galega Xacarandaina." (Nós, 05/11/23)
No hay comentarios:
Publicar un comentario