“Acusan o empresario promotor da planta de gas de obter 30 millóns de euros de beneficio coa venda e a cesión de terreos para a regasificadora.
A acusación, realizada anteriormente, chegará agora aos xulgados da man do Comité Cidadán de Emerxencia, CCE, acompañada de novos datos cos que os veciños consideran que se avala a denuncia do que cualifican coma "o maior escándalo económico e político de Galiza".
De xeito específico, durante a conferencia de prensa deste mércores criticaron que o empresario Roberto Tojeiro, promotor do proxecto, obtivese trinta millóns de euros "previamente a calquera tipo de construción" coa venda e cesión dos terreos onde se levantaría a planta. O CCE expón que a regasificadora pagoulle 24 millóns de euros á empresa Forestal do Atlántico, á súa vez presidida polo mesmo empresario, Tojeiro, a cambio do 45% da concesión administrativa da que gozaba esta última empresa en superficie portuaria e pola que até entón se pagaban 142 mil euros. A esta súmanlle os veciños outras dúas operacións económicas na venda de predios a Reganosa e nas que Forestal do Atlántico gañou até 6 millóns de euros. Todas elas, segundo aseguran, realizadas "baixo a supervisión do daquela conselleiro de Economía, Xosé Antonio Orza (PP), quen daquela participaba nas accións de Intasa, "unha das empresas vencelladas ao Grupo Tojeiro". (Vieiros, 06/03/2008)
No hay comentarios:
Publicar un comentario