27/7/20

Camariñas homenaxeou ás 50 mulleres que coseron 15.000 máscaras

"A aula Raquel Moreira Carril do MECAM Museo Encaixe Camariñas acolleu hoxe recoñecemento do Concello de Camariñas ás 50 voluntarias que coseron as 15.000 máscaras que se repartiron durante o confinamento.


No acto, no que estiveron presentes todos os grupos da corporación municipal, entregóuselles un pequeno detalle polo traballo que levaron a cabo nun momento tan difícil. 

A alcaldesa, Sandra Insua, deulles as grazas pola súa "impagable labor no peor momento da pandemia" e destacou que "erixíronse como unhas verdadeiras heroínas de Camariñas”.

A rexedora quixo tamén invitar ao acto aos representantes de Correo aos que lles agradeceu a súa colaboración xa que "se encargaron de repartir as máscaras casa por casa de xeito toalmente gratuíto”.


Ademais, aproveitou a presenza do resto dos grupos da corporación para eloxiar "a súa labor durante o confinamento, colaborando sempre no que fixo falta".             (Que pasa na costa, 10/07/20)

No hay comentarios: