11/1/13

A Xunta gastará 2,2 millóns máis en alugueiro de vehículos

"Logo de aprobar o gasto 12,3 millóns para externalizar o servizo de helicópteros en 2013 --un gasto que será de 30 millóns nos vindeiros anos--, a Xunta tamén aposta polo alugueiro de medios para facer fronte aos incendios forestais.
E é que a Consellería do Medio Rural acaba de adxudicar ao Grupo Mombús un novo concurso para alugar 90 vehículos para a Subdirección Xeral de Defensa contra os Incendios Forestais. O gasto total está estimado en 2.269.476 euros. (...)
O gasto mensual por cada todoterreno será de 786,50 euros ao mes --IVE incluído-- e o dos turismos de 399,30 euros. O custe total estará repartido en catro anos; 530.410 euros en 2013, 756.492 en 2014, 756.492 en 2015 e 126.082 en 2016.
Esta nova contratación chega despois de que o pasado maio a Xunta destinara tamén 5,87 millóns dos fondos europeos a alugar durante tres anos 139 motobombas e catro todoterrenos.
En 2010 a Xunta xa contratou 276 veículos alugados e en 2009 contratara outros 56 todoterrenos. Nos últimos anos, Medio Rural multiplicou por cinco o gasto en este tipo de alugueiros sen que se vexan melloras na loita contra o lume. As contratacións fanse a través de Seaga. 
"Un chiringuito montado para todo esto", ten criticado xa en varias ocasións a Asociación Profesional do Persoal de Prevención de Incendios Forestais, APROPIGA."    (Galicia Confidencial, 10/01/2013)

No hay comentarios: