Xabarís no barrio da Piringalla | Javier Serén
"O delegado territorial da Xunta de Galicia, José
Manuel Balseiro, informou este martes da aprobación do “primeiro
protocolo” implantado na comunidade autónoma para tentar controlar a
poboación de xabarís no entorno periurbano. O acordo, ratificado no
transcurso da comisión na que participan a administración galega e o
Concello de Lugo, inclúe a realización de esperas nocturnas con
arqueiros profesionais.
A preguntas dos xornalistas, Balseiro gabou a
redacción e posta en marcha do protocolo, deseñado en colaboración con
todas as entidades presentes na comisión: a Xunta, o Concello, FFCCSE,
sindicatos agrarios, cazadores e expertos do eido universitario. Ademais
da colocación de gaiolas trampa nos lugares de paso dos xabarís,
arqueiros profesionais emboscarán pola noite os exemplares que
traspasen a zona periurbana, onde as armas de fogo están prohibidas.
O delegado territorial precisou que a ubicación das
esperas nocturas será manexado coa “máxima discreción”. De difundirse a
localización, a presencia de curiosos en combinación do fino olfato do
xabaril podería desbaratar o plan.
Balseiro confía en seguir contando “coa colaboración
do Concello de Lugo” malia que neste intre “só se completou o 30 por
cento dos desbroces” indicados polos técnicos da Xunta, polo que os
xabarís seguen a contar con lugares nos que encamar na contorna da
cidade. “É un problema que afecta a todas as administración e é precisa a
colaboración de todos. É un problema excepcional, por iso aprobamos un
protocolo excepcional, o primeiro en Galicia”. (Xornal de Lugo, 12/02/19)
"Aumento de accidentes con cinco puntos chave.
Dende 2017 aumentou un 30 por cento o número de accidentes relacionados
con fauna cinexética nas estradas de Lugo, contabilizando 187 só en
2018. O estudo sinala que as estradas máis afectadas son a
N-640 cara a Meira, á altura de Teixeiro, con 21 accidentes nun tramo
de 2 km; a estrada da Fonsagrada LU-530, con 13 accidentes nun tramo de 4
km.; a A-6 á entrada de Lugo pola Fonsagrada, con 10 accidentes en 3
km.; a A-54 a Santiago, con 8 accidentes en 3 km,: e a N-VI, na contorna
do Pazo de Deportes, con 4 accidentes en menos de 1 km.
O Concello identifica as zonas de Lugo con máis accidentes polo xabaril.
Durante a comparecencia, a rexedora cominou o executivo galego a tomar “con carácter de urxencia medidas para controlar as poboacións” do xabaril. No Concello entenden que, logo de presentar o estudo dos accidentes –en poder dos técnicos da Xunta–, a administración autonómica “xa non ten escusa” para non adoptar medidas sobre este problema con “prexuízos económicos gravísimos”.
Así, Méndez recriminou a inexistencia dunha “planificación real” sobre a especie, así como o feito de que a Xunta deixara caer a responsabilidade sobre os concellos “sen abordar a situación”. “O único que fixo foi enviarnos catro mapas que recollen os terreos cinexéticos”, nos que constan 3.019 hectáreas de zona de exclusión da caza, e 2.085 de chan rústico e 1.700 de propiedade privada nos que o goberno local non pode actuar salvo con risco de incendio.
Este martes, as dúas administracións manterán unha reunión de traballo. Sobre o estudo, que permite inferir “onde están os xabarís, os sitios de pasada e onde dormen”, a alcaldía
esixirá que a Xunta determine as zonas de actuación e active a
coordinación entre os distintos departamentos. Tamén está sobre a mesa
pedir unha campaña de comunicación para trasladar á poboación como actuar e os riscos que presenta o xabaril, con énfase na saúde pública." (Óscar Benárdez, Xornal de Lugo, 11/02/19)
"A Xunta instalará gaiolas en Lugo para atrapar xabarís nas zonas de paso.
A instalación das gaiolas realizarase nos días vindeiros, priorizando
aquelas zonas de paso de xabarís nas que a lexislación impide usar
armas de fogo. No espazo urbano está prohibida así mesmo a persecución
con cans. Os especialistas da Xunta xa entregaran ao Concello de Lugo un
mapa que sinala as goridas do porco bravo na contorna da cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario