"Un falcón pode a ser a nova solución para loitar contra as velutinas. E non é un falcón calquera, senón o abelleiro,
presente no norte da penísula Ibérica. Este método, que xa se está
utilizando en distintas partes de Galicia, conta xa con estudos que
destacan a súa efectividade para reducir as colonias da vespa asiática.
José Manuel Fernández, investigador da Universidade de Alcalá de Henares,
presentaba esta pasada fin de semana no Día do Apicultor, celebrado en
Arzúa, un estudo realizado nas zonas do Morrazo e Salnés, sobre o efecto
na poboación de Vespa velutina ante a presenza do falcón abelleiro. Os
resultados indican que o 70% da alimentación do falcón provén de avespas grandes, tanto a Vespa velutina como a autóctona Vespa crabro.
Fernández insiste en que, polos datos obtidos, o
falcón abelleiro está especializando a súa dieta na asiática,
“posiblemente por ter máis cantidade ó seu alcance”. Ademais, suliñou
que, dende o 2015, está medrando a poboación de falcón abelleiro,
coincidindo co avance da praga do tártago asiático
nesta comarca, e
estímase que no 2018 puideron ser consumidos por estas aves 728 niños.
POTENCIAR OS TRAMPEOS
Con todo, os espertos coinciden en que esta medida
non pode ser a única para frear a Vespa velutina, pero sí podería axudar
a controlala en conxunto con outras ferramentas. Neste sentido, José Mª
Bello, delegado da Asociación Galega de Apicultura (AGA) no Morrazo,
destaca a importancia do trampeo, a participación veciñal e a
implicación dos concellos para rematar con esta praga.
Os datos que ten recollidos durante estes anos de
loita no Morrazo, comparados entre as diferentes prácticas dos concellos
da comarca, indican que cun trampeo ben organizado na primavera redúcese de forma significativa o número de niños a retirar no verán.
Pola súa banda, Sandra Rojas, investigadora da Universidade de Vigo,
ten realizado un traballo sobre localización de niños utilizando
marcaxe de individuos e trazando as rutas que realizan para alimentarse
utilizando cebos. Unha investigación que, segundo o sector, é “de moita
utilidade para estudiar as zonas de maior densidade de niños e cales son
as causas desa ubicación”. (Galicia Confidencial, 15/02/19)
No hay comentarios:
Publicar un comentario